Thursday 02 de May de 2024

O ensaio Irmandiñas reivindica o legado das mulleres galegas invisibilizadas


Reivindica-lo labor social, cultural e político desenvolvido polas mulleres galegas nas primeiras décadas do século XX, etapa en que, malia a súa incorporación aos espazos públicos, a súa proxección foi limitada e as irmandiñas non foron unha excepción.

Este é o argumento de Irmandiñas, froito do arduo traballo de investigación ao longo de catro anos a través do que a súa autora, Aurora Marco, constata documentalmente a relevancia do seu compromiso e dinamismo, contribuíndo a recuperar e recoñecelo legado destas mulleres.

O libro presentouse na tarde do 8 de maio, no Auditorio do Museo Valle-Inclán, nun acto organizado pola Concellaría da Memoria Histórica da Pobra do Caramiñal e contou coa intervención do seu edil, Xabier Santos (BNG), e da propia escritora.